Son Galaico | Benvidos a Lendaira

Опубликовано: 23 Сентябрь 2026
на канале: Son Galaico
29,836
1.1k

Xa podedes escoitar Benvidos a Lendaira en todas as plataformas!! Con ganas de máis??

INSTAGRAM: https://www.instagram.com/son.galaico...
SPOTIFY: https://open.spotify.com/intl-es/trac...

GAL
Ao cruzar as portas do máxico mundo de Lendaira, Hugo e Aarón son recibidos polo heroe Breogán. Cautivado polo seu talento, Breogán pídelles que se unan á súa viaxe para facer cancións das súas aventuras.
ESP
Al cruzar las puertas del mágico mundo de Lendaira, Hugo y Aarón son recibidos por el héroe Breogán. Cautivado por su talento, Breogán les pide que se unan a su viaje para hacer canciones de sus aventuras.

LETRA

O cruzar aquel portal, eoeo.
Viaxamos a través do tempo.
E chegamos a un lugar,
cheo de lendas e castrexos.

Non sabía se era real,
Pero tiña un bo presentimento.
Coñecimos a Breogán, porque el nos fixo chamar
para escribir os seus versos.

E benvidos a Lendaira, oeo
Onde a festa sempre é a opción.
Sexa noite ou sexa día,
as foliadas non terminan inda que chegue o solpor.

E benvidas a Lendaira, oeo
Hoxe imos curar a dor.
Entre lendas e batallas entre
versos e entre danzas escribiredes cancións.

E chamounos á atención,
Que a maxia aquí inda persiste.
E terra de tradicións,
onde os heroes inda viven.

Partimos de Kallaikoi,
viaxando por cada montaña.
Coma os Bardos das lembranzas.
Entre risas e entre lanzas.

Enfrentamos a unha serpe,
Derrotamos a un dragón,
viaxamos ata Eire nun Curach entre os tifóns.

Construimos unha torre para o mundo vixiar
e volvimos a Brigantia para volver a celebrar.

E benvidos a Lendaira, oeo
Onde a festa sempre é a opción.
Sexa noite ou sexa día,
as foliadas non terminan inda que chegue o solpor.

E benvidas a Lendaira, oeo
Hoxe imos curar a dor.
Entre lendas e batallas entre
versos e entre danzas escribiredes cancións.
-----------------------------

Coa participación especial de David Perdomo (Breogán) e Carlos Blanco (Druida).

En colaboración coa asociación A Castronela.

Dirixido por: Son Galaico.
Gravado por: Daniel Pérez Domínguez.
Animación de: Fernando Rivera Vinagre.

Música gravada e producida por: Iago Pico en Pouland Studios
Composición: Son Galaico
Letra, guitarra e voz: Aarón Pérez Pardiñas
Whistle: Hugo Sanjiao Varela
Violín: Iria Seoane