Tercer sinxelo de "Colaxe", o novo disco de Dakidarría. Dispoñible o 25 de Febreiro 2022
Gravación de Audio: Planta Sónica Estudios (Vigo) e A Carpintería Recording Studios (Nigrán)
Mistura e Mastering: Alber Castro (Santa Cruz Recording Studios)
Coa colaboración de:
Pedro Fariñas (Caldo) - Gaita
Juanan (Malos Vicios) - Guitarra
Iolanda Perez - Aturuxo
Toje e Carlos (Xente tóxica), Breo e Nestor (Seitura) e Lele (Guerrilla antifascista) - Coros
Realizado por Miguel Duarte
Gráficas de Miguel Duarte
PARTE DA METRAXE EMPREGADA FOI EXTRAÍDA DE:
Talleres Alonarti
Sociedad La Artística Ltda. (José Gil,1928)
Porriño en Buenos Aires (Eligio González, 1942)
Un viaje por Galicia (Manuel Arís, 1958)
Cargas policiais na manife contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer,
XIII Marcha ás cadeas pola liberdade dos presos independentistas
Concentración en repulsa da agresión fascista no CS A Revolta
Concentración pola absolución de Chema Naia diante dos xulgados de Fontiñas (Galiza Contrainfo, 2017, 2019, 2021)
AGRADECEMENTOS: CGAI, GALIZA CONTRAINFO
Management: Iván de la Mata
https://elgarajeproducciones.com/
LETRA (adaptada dos poemas “Galicia” e “A fala” de Manuel Maria)
Galiza docemente está ollando o mar,
ten vales e montañas e terras para labrar,
ten portos mariñeiros, cidades e labregos
cargados de traballos e de trafegos.
A nosa terra nai, velliña e soñadora,
na voz da gaita rise, na voz da gaita chora.
Non só é o que vemos, a terra o mar e o vento…
hai outra Galiza no sentimento!
O compromiso da nosa xente,
o patrimonio do noso pobo,
maxicamente vello, eternamente novo.
A lingua é a forza que nos xungue e nos sostén
e se a perdemos non seremos ninguén.
Renunciar aos principios é ser mudo e morrer,
precisamos de ti se queremos vencer.
Galiza somos nós, o latexo, a liberdade,
a fonte da que agroma a máis forte irmandade.
Galiza somos nós, o pobo e máis a fala,
o lume que alampea nas barricadas.
Galiza son as presas e a solidariedade,
un pobo en busca da súa liberdade.
Galiza somos nós, o pobo e máis a fala,
a nosa terra nai!
Galiza somos nós, o latexo, a liberdade,
a terra, o mar e o vento…
Hai outra Galiza no sentimento!
#dakidarria #somosnos #lyricvideo