Valentina soña con ser trapecista e cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa –quen apréndea a xogar ao xadrez e un montón de cancións- anímaa sempre a perseverar. Se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender: olla para min, eu aínda serei directora de orquestra algún día!
Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para chegar a ser unha bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando vai preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertadora nova: Avoa marchou de viaxe. De viaxe?!!? Sen se despedir sequera?