Marián, cantante e compositora, presenta o seu primeiro álbume longo, conceptual, repleto
de misturas e fusións estilísticas, linguas e mensaxes catárticas, que nos lanzan a unha viaxe interior hacia a conexión coa nosa parte máis salvaxe e xenuína.
A piques do seu lanzamento, Marián participa na II Edición de Son Emerxente, a aceleradora musical galega e relata o momento no que se atopa, profundizando no seu discurso e na súa vulnerabilidade como valor.