Quinkillada - 24/06 (Lyric-vídeo oficial)

Опубликовано: 10 Июнь 2026
на канале: Quinkillada
1,423
29

Contratación:
📧 [email protected]
📞 986903509

Síguenos en redes:
  / laquinkillada  
  / quinkillada  
---------------------------------------------------------------------------
Letra:
Sintes a vida na túa pel, area arroupando os pes
na calor dunha fogueira e sinxelo renacer,
estrelas ao teu redor, miradas ao teu carón
lume e mar danlle forzas ao sol.

Seguiréi gardando no recordo estas noites na calor
xunto coa tua voz

Non espantar as meigas pois querémolas con nos
o lume da fogueira vai forxando esta unión
que as faíscas te guíen polo vento até sair o sol

uoho, fronte o mar alumean os teus sonhos
uoho, ven saltar nesta noite de San Xoan
uoho, fronte o mar alumean os teus sonhos
uoho, ven voar nesta noite de San Xoan

Sintes no peito un latexar, a luz comeza espertar,
descubrir quen fará mais doado o teu andar,
caminhos por percorrer, batallas para non perder,
coma flores buscando o sol dende o mencer

Seguiréi gardando no recordo estas noites na calor
xunto coa tua voz

Non espantar as meigas pois querémolas con nos
o lume da fogueira vai forxando esta unión
que as faíscas te guíen polo vento até sair o sol

uoho, fronte o mar alumean os teus sonhos
uoho, ven saltar nesta noite de San Xoan
uoho, fronte o mar alumean os teus sonhos
uoho, ven voar nesta noite de San Xoan

alumearemos o mencer
nesta noite de San Xoan