Antonio Nores Soliño ( Cangas, 1950)

Опубликовано: 12 Июль 2026
на канале: ComunicarteGalicia
197
3

Autores: TOMÁS ALONSO GIMÉNEZ E HUMBERTO BARREIRO VILLAR
Edición Borja Brun
Sobre o entrevistado:
Estudos na Escola de Artes e Oficios de Vigo
Exposición de obra própria en forxa (Cangas, 1973)
Actividade social e cultural no Concello de Cangas e na comarca do Morrazo:

Membro durante as décadas de 1970 – 1990.
1972 – Forma parte en representación do Concello de Cangas do Grupo Arqueolóxico
do Morrazo no acto de constitución no Ateneo de Moaña.
1973 – Traballo de campo no Castro de Montealegre e Xacemento do Regueiriño (Domaio).
1974 – Colaboración xuntamente com Antonio Costa Iglesias e José Suárez Mariño na escavación dos restos dunha vila romana em Pipín (Pinténs – O Hío)
1975 – Traballo na construción, botadura e probas de mar do barco de coiro e bimbias
“ A Borna”, proxecto de Fernando Alonso Romero para amosar a navegación entre Irlanda e Galicia, segundo a lenda de Breogán.
1976 – Traballo de campo en Fontenla (Domaio) co Grupo Arqueolóxico do Morrazo, baixo a colaboración de Alfredo García Alén e dirección de Antonio Costa e Antonio de la Peña.
1980 – Traballo no xacemento calcolítico das Foxas do Casal (Moaña) baixo a dirección de Antonio Costa Iglesia.
1981 – Participante na escavación do xacemento calcolítico de Lavapés (O Hío )
Dende 1981 ata a actualidade – Forma parte do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén” de Pontevedra
1982 – Participante na Escavación dos xacementos campaniformes do Fixón ( O Hío), Regueiriño e Fontenla (Domaio)
1983 – Continúa o traballo na Fontenla (Domaio)
1984 – Participante na Tumba de Gandón ( Cangas)
Promotor con Xiria da Exposición Arqueolóxica do Morrazo no Local da Casa Rectoral na rúa Real (Cangas).
1987. Catalogación arqueolóxica do Concello de Cangas (1987), xuntamente con Ramón Patiño Gómez.
2005 – Participante nunha mesa redonda nas Xornadas de arqueoloxía “Blanco Freijeiro” ( Marín) con diaporamas sobre o estado actual dos xacementos arqueolóxicos
comparados no tempo.
Solicitude dun Museo Comarcal
2011 – Colabora co arqueólogo Alexandre Paz Camaño na catalogación de xacementos e bens do Concello de Cangas
Colaborador en publicacións culturais e festivas sobre a Prehistoria de Cangas.
1997 – Promotor da Exposición Arqueolóxica sobre O Morrazo “Raíces” na Casa da
Cultura de Cangas na que aportou a súa colaboración.
2000 – Membro do Comité Organizador da Homenaxe ao profesor e arqueólogo Pedro
Díaz, gran estudoso das ánforas de Bueu.
2002 - Membro da Comisión Homenaxe a Camilo Camaño Xestido
2004 – Membro do Colectivo en Defensa do Patrimonio do Morrazo (CPDM)
2005 – Membro demandante ás alcaldías do Morrazo da Catalogación do Patrimonio
arqueolóxico e cultural, creación dun Rexistro de Bens Patrimoniais, aplicación da Lei
de Patrimonio Histórico e Planos de situación dos mesmos a conservar.
Décadas de 1980 e 1990 ata o seu remate
Promotor, xuntamente com persoas da nomeada Comisión, de denuncia do derrubo de
aberrantes galpóns de ladrillo e cemento que afeaban a Igrexa Parroquial de Darbo, que se executou em 1982 coa maquinaria da Deputación.
Membro da Comisión da Restauración do Muiño de Fausto, parroquia de Coiro,
(1990) e da Comisión organizadora das primeras Xornadas Culturais da Festa do Muiño
Investigador e autor de libros sobre a Historia de Cangas. Co autor de máis de 400
pequenas biografías de Cangas. Amplísima documentación e base de datos da Memoria
Historica de Cangas
Membro do Colectivo dende o ano 2000. Participa em todas as homenaxes aos
Mártires de Anguieiro.
Presidente da AC Mhª 28 Agosto – Cangas no período 2006-2018
2006 – Membro do Consello Nacional da Memoria – Consellaría de Cultura – Xunta
de Galicia.
Promotor e participante de Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), asociacionismo de
memoria de ámbito galego.
Promotor e editor da publicación “Memorias de Manuel Nores”, Instalación dunha
placa dedicada a Manuel Nores Sotelo “Taratola” na Casa do Pobo de Cangas, 2010.
Participante em vários Congresos sobre Memoria Histórica ( “Mortos, presos, fuxidos
e desertores em Cangas na retagarda”, Narón, novembro 2003; Illa de San Simón,
Cangas, Pontevedra, Val Miñor, Marín, …). Colaborador no Proxecto da USC “Nomes,
vocês, lugares,….”
Deseñador e promotor do momunento “Memoria da
Liberdade” (2011)
Membro da Xunta Directiva da Xunta de Montes em Man Común nas décadas de 1980
e 1990.
CASA MUSEO DE CAMILO CAMAÑO XESTIDO “ A MANGALLONA” A.C.
Membro colaborador
“ Prehistoria de Cangas “ Co-autor como membro do Grupo Arqueolóxico do
Morrazo (Cangas, 1980)
“A Prehistoria de Cangas” (1987), xuntamente com Ramón Patiño Gómez
“Textos Mostra Antolóxica de Antonio Nores Rial” (Expo na Casa da Cultura de
Cangas, 24 setembro – 15 outubro 1989)
“Historia de Cangas 1900-1936. Unha ribeira de pescadores” - Ed A Nosa Terra
( 2005) Antonio Nores Soliño / Iago Santos Castroviejo
“ A Alianza Mariñeira de Cangas, 1914-1936” (2014)
Antonio Nores Soliño / Iago Santos Castroviejo