Esta sesión práctica introducirá ao público en n8n, unha plataforma de automatización sen código, e mostrará como xerar informes automáticos a partir de datos utilizados en Grafana.
Nun percorrido claro e práctico, os asistentes aprenderán que é n8n, como funciona, como se integran os seus fluxos con fontes de datos e como xerar informes automáticos con métricas diarias, semanais ou mensuais. Ilustrarase con exemplos reais e sinxelos para facilitar a comprensión mesmo a quen non teñan experiencia previa.