Este webinar introdutivo permitirá coñecer as bases de Grafana, unha das ferramentas máis utilizadas para a visualización e análise de datos. Durante 2 horas exploraremos como instalar o software, conectalo a fontes de datos temporais e configurar un panel que mostre información histórica en tempo real. A sesión está pensada para dar os primeiros pasos de maneira práctica e guiada.
Grafana é unha tecnoloxía clave en contornas de análise e monitorización. Coñecer o seu funcionamento permite crear paneis dinámicos e atractivos que facilitan a toma de decisións baseadas en datos. Este webinar ofrece unha visión práctica para comezar a utilizala de forma autónoma.