191-7

Опубликовано: 28 Июль 2026
на канале: EASD Mestre Mateo
49
2

Traballo de cinema experimental realizado por Elvira Romero Rodríguez para a asignatura de Linguaxe e Tecnoloxía Audiovisual II, do Ciclo Superior de Fotografía.
Músicas:
• Mundo Verde (Fluzo)
• Bum-Xanca (Malandrómeda)
• Medicación (Fluzo)
• Pelegrín, pelegrín, pelegrín. (Malandrómeda)
• Levaetrae (Malandrómeda)
• Será millor un gintonic (Fluzo)

Esta curtametraxe xira en torno ao punto de vista ante vida dunha especie de “narrador omnisciente” (do que non se chega a saber a identidade). Sitúase nunha etapa da vida do protagonista na cal él mesmo ten unha actitude crítica, desconfiada e destrutiva ante todo o que o arrodea.
O piar fundamental para entender a personalidade do protagonista e unha das maiores inspiracións desta curta é o movemento dadaísta, xa que, no contexto artístico, rompe cos modelos tradicionais e sitúase nunha liña de protesta, nihilismo, caos, desorde, destrución e crítica social. O propio Marcel Duchamp, presentou un urinario como obra baixo o nome de “Fonte” coma unha burla á comunidade artística do momento, centrándose en representar un obxeto calquera sacándoo do seu contexto orixinal e facendo que o catalogaran como obra de arte. A estética deste proxecto baséase
un pouco nesa idea; non contará con son ambiente, senón cunha mistura de cancións a modo de banda sonora que oscilará entre os altos e baixos, do mesmo xeito que a vida do protagonista; e as imaxes que se integrarán non terán unha narrativa marcada; xirarán en torno á destrución, o azar e a confusión, utilizando encadres que propicien ese efecto e axudándose dos ritmos das diferentes liñas musicais para confundir ao espectador.
Duchamp firmou a obra citada anteriormente como “R.Mutt, 1917”, polo que escollín ese ano como título da curta, xa que, conceptualmente ten moito que ver, pero dentro do obxetivo a acadar, non da ningún tipo de información sobre a mesma e deixa aberta a libre interpretación do espectador. Cando rematei a montaxe do vídeo, decidín engadirlle un guión ao título malia que saiu un filme co nome “1917” logo de ter pensado poñerlle ese nome á curta.