A beira do Ulla. Coñecendo Pontecesures

Опубликовано: 15 Июль 2026
на канале: EASD Mestre Mateo
1,509
21

Traballo de reportaxe realizado por Ismael Llerena Moreiras para a asignatura Linguaxe e Tecnoloxía Audiovisual II do Ciclo Superior de Fotografía da EASD Mestre Mateo.
Pontecesures é un pequeno pobo da provincia de Pontevedra pertencente a comarca de Caldas e con pouco mais de 3000 habitantes. Atópase a beira río Ulla. Este pobo de tan so 6,7 km² ten unha longa historia, a piques de cumprir o século como Concello propio, previamente pertenceu ó concello de Valga e antes a Padrón. Destaca por ser un pobo de tradición mariñeira cunha industria bastante forte, pero co paso do tempo foi decaendo e perdendo a sua orixe. Para este documental pretendo mostrar Pontecesures e coñecelo dende varios puntos distintos. Dende a parte industrial, a parte de festas e tradicións, a parte das historias do Cesures mais antigo, e a parte do Cesures máis xoven. Con esto quero afondar un pouco máis na historia, e intentar coñecer mellor o lugar onde vivo e de onde son.