Segundo sinxelo de "Colaxe", o novo disco de Dakidarría. Dispoñible o 25 de Febreiro 2022
Gravación de Audio: Planta Sónica Estudios (Vigo) e A Carpintería Recording Studios (Nigrán)
Mistura e Mastering: Alber Castro (Santa Cruz Recording Studios)
Coa colaboración de DJ Jano (scratches) e Antonio Rodríguez (trombón)
Video dirixido por Titi Muñoz
Cámaras: Juan A. García · Titi Muñoz
Produción: La Fabrica De Humo
Edición e Postprodución: Titi Muñoz
Gráficas: Miguel Duarte
Management: Iván de la Mata
https://elgarajeproducciones.com/
Rider 1: Carlos Blanco Carrera
Rider 2: Rubén González Costas
Skater 1: Anna Uribe Aïs
Skater 2: Carlos Álvarez Rdguez.
Segurata: Adrián Alvarellos
Agradecementos: Centro Social A Revolta Do Berbés, Roi, Proletarian Barrio Clothing, Woodtown, Novalbos, Radio Vigo, Cadena Ser, Salva Ronco e Maketón Maeloc
LETRA
Na túa mirada
podo ver a dor
e a digna raiba
Imos escribir no aire
palabras prohibidas
e imos invocar ó vento
para que as saque a bailar
non caer no desalento
non renunciar a soñar
se ó lonxe aínda brilla unha estrela
non a deixemos marchar
Somos as fillas da xenreira
e hoxe sairemos de arrasadeira
106 lustros de miseria
que non imos esquecer
no fondo dos sentimentos
levamos tatuada unha estrela vermella
e unha frase que reza
só podemos vencer!
A vosa ruína será o alicerce da vida
Que a única lei que exista
sexamos ti e máis eu
camiñando sobre as cinzas
ca única certeza
de non querer fuxir
pernoctaremos na trincheira
Somos as fillas da xenreira
e hoxe sairemos de arrasadeira
non haberá que non deteña
non haberá volta atrás
A vosa ruína será o alicerce da vida
Que a única lei que exista
sexamos ti e máis eu
camiñando sobre as cinzas
ca única certeza
de non querer fuxir
pernoctaremos na trincheira
Hoxe podería ser
a noite da que che falei
hoxe podería ser
a batalla da que che falei
hoxe podería ser a derradeira
Imos escribir no aire
palabras prohibidas
e imos invocar ó vento
para que as faga inmortais
non caer no desalento
non renunciar a soñar
se ó lonxe aínda brilla unha estrela
non a deixemos marchar
#dakidarria #arrasadeira #videoclip