DAKIDARRÍA - Ate o Abrente (videoclip oficial)

Опубликовано: 15 Май 2026
на канале: Dakidarría Galiza
15,774
178

Videoclip oficial da canción de "Ate o Abrente" incluida en "Colaxe", o novo disco de Dakidarría.

Gravación de Audio e A Carpintería Recording Studios (Nigrán)

Mistura e Mastering: Alber Castro (Santa Cruz Recording Studios)

Video realizado por Pixelecer. Grabado entre Pontecesures, Vigo, Bueu e Compostela a principios de 2022.

Management: Iván de la Mata
https://elgarajeproducciones.com/

LETRA
Que levante a man a xente alegre e rebelde,
unha nova viaxe vai comezar,
que se escoite a voz da nosa xente,
queremos sentirvos berrar.

Que ninguén se sente a miña xente está presente,
imos bailar coma se fósemos dementes,
até o abrente ou até que rebentes,
sae da túa tenda e vente.
Sede benvidas a unha fogueira ilegal,
estamos listas para volvela liar,
se o ambiente xa estaba quente agora vai estoupar,
Dakidarría style, éche o que hai.

Que levante a man a xente alegre e rebelde,
unha nova viaxe vai comezar,
que se escoite a voz da nosa xente,
queremos sentirvos berrar.

Quero ver as mans da miña xente ben arriba,
quero volver a sentir esa enerxía,
que nos caracteriza e que nos dá vida,
isto é Dakidarría!
Isto é real e non se pode etiquetar,
unha familia que non deixa de medrar,
telo que vivir para poder falar,
ven e déixate levar.

Que levante a man a xente alegre e rebelde,
unha nova viaxe vai comezar,
que se escoite a voz da nosa xente,
queremos sentirvos berrar.

COLABORAN
Antonio Rodriguez: Trombón
Diego Pacheco: Guitarras

#ateoabrente #dakidarria #videoclip