RUXE RUXE - ALTRI NOM !

Опубликовано: 12 Август 2026
на канале: LobicanRecordsGZ
4,185
177

Canción en protesta contra o espolio intolerable que catro caciques, con poder político, queren perpetrar en Palas de Rei. Esta canción pretende ser unha pequena acción máis a sumar ás numerosas mobilizacións sociais dos últimos meses a prol de parar a construción dunha enorme fábrica de celulosa por parte da empresa multinacional Altri, no corazón do país, coa nefasta complicidade dos nosos representantes políticos antepoñendo o capital, e o seu propio beneficio económico, ante a saúde ecolóxica, humana e social do país.

O video recolle imaxes da multitudinaria manifestación en Palas de Rei e da acción de rodear a Xunta de Galicia, en Compostela, convocadas pola Plataforma Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa para esixir ao inepto goberno da Xunta que paralice o proxecto.

Non pasarán, Altri nom ! Orgullo de país !!!

Video feito por Bocixa e Tingalaranga tamén contando con rexistros de imaxes de Alberto da Silva.
O son da canción foi rexistrado por Tomás Ageitos e o deseño gráfico da capa é de Naia, Zé & Associates.