RUXE RUXE - DESPEZAREITE

Опубликовано: 07 Август 2026
на канале: LobicanRecordsGZ
1,219
41

A fascinante poética do despece, filloas de sangue, as dagas das musas da noite, un carniceiro vegano, un vampiro bronceado, un cristo cravado a un pau e unha orella botando fume ate o fodido límite. Menuda selva unha noite calquera mesmo na Reixa ou no Bar-Tolo. E na vida, hai veces, que hai que saber ter determinación e tomar boas decisións mentres o señor este inventa coreografías caralludas e non para de tocar rock&roll para dummies, pop para zombis e punk para grilados. O caso é gozalo ben e seguir bourando decibelios, pensa. Niso estamos mentres preparamos o coitelo da matanza para a cerimonia que ven. Hoxe pode ser San Martiño, querid@s.

"Despezareite" é o corte 5 da cara B de "Xabral" (Lobicán Records 2025).

Canción gravada e producida por Kaki Arkarazo nos Gárate Studios en Andoain (Gipuzkoa-Euskadi).
Video feito e aquelado por Diego Pérez (@diebujitos)

Contacto e contratación: LOBICÁN PRODUCIÓNS
[email protected]
+34 663 41 83 31