PUB ROCK é un dos cortes de "XABRAL", o novo disco de ruxe ruxe que se publica o 31 de xaneiro de 2025.
Canción gravada e producida por Kaki Arkarazo nos Gárate Studios en Andoain (Gipuzkoa-Euskadi).
Video feito, no mes de Shane, no Monk Pub (Vigo) por Alberto Lora.
Contacto e contratación: LOBICÁN PRODUCIÓNS
[email protected]
+34 663 41 83 31
PUB ROCK
Ruído na noite escura
nas horas nas que as meigas mandan.
Na barra demasiada delincuencia,
memorias do subsolo e mistos que se incendian
Noites de soños e pub rock
As paredes de pedra tremerán.
Soños de distorsión e a voz de Shane.
Conversacións con Joe e os Clash.
Delirios de punk rock na noite que se vai.
Noites de soños e pub rock
Somos nós, os morcegos deste bar,
insomnes, libertarios, sempre a escoitar
eternas melodías que nos fan voar,
relatos dunha vida, estrelas sobre o mar.
Noites de soños e pub rock