"GOLPE A GOLPE" é o corte 9 do disco "O ESTRAÑO FALAR DUN MONSTRO DA ALDEA" (Lobicán Records 2020) de RUXE RUXE.
Video: Aarón Vilariño
www.ruxeruxe.com
GOLPE A GOLPE
E así foi, outro día igual ca onte
a correr, buscando como salvarme
de caer, de tropezar ata estrelarme.
de saber fuxir desta tempestade.
GOLPE A GOLPE … CADA DÍA, CADA HORA
GOLPE A GOLPE … ESTA VIDA É UNHA ESCOLA.
E así foi, outra lúa que se esconde
ecuacións que a miña mente non resolve.
Labirintos, rúas vellas de cidade.
Soños rotos, bocados de realidade …
E así foi, outra noite que se escapa
Sae o sol, todo está tranquilo aí fóra.
Vou cruzar o océano de lama
vou saltar, canto poida
máis arriba.